Escoitar

As escolas municipais de música e artes escénicas celebran o día das letras galegas

A celebración do Día das Letras Galegas en Vigo vai ter este ano unha singular aportación coas actividades programadas polas escolas municipais de música e artes escénicas do Concello. Os días 14,15 e 16 de maio alumnado e profesorado da Escola municipal de música, da Escola municipal de música folk e tradicional e da Escola municipal de teatro realizaran actuacións, fundamentalmente na rúa.

luns, 14 mai 2012
1336997809escolamusica.jpg
O luns 14, ás 19,00h na Farola de Urzaiz prográmase "Corro dos Maios", con alumnos de gaita e percusión da E-TRAD

O martes 15, ás 19,00h naa Farola de Urzaiz) haberá "Lectura musicada de textos", relacionados coas letras galegas, por alumnos das tres escolas muncipais.

O mércores 16, ás 18:00h na Asociación de Veciñós de Valadares organizase a estrea do espectáculo de máscaras "O rapto da bibliotecaria" adaptación do conto de Margaret Mahy, por parte do alumnado da Escola de Teatro. Ese mesmo día ás 19,00h na Farola de Urzaiz,"Agrupación instrumental e coros", con alumnos da Escola de Música.

Con estas actividades o Concello de Vigo quere sacar á rúa ás súas escolas municipais de música e artes escénicas, co obxectivo de que a cidade coñeza e disfrute co bo facer dos seus participantes, dándolle máis vida e color ás súas rúas, nunhas datas tan sinaladas para a nosa lingoa e cultura.
1336997809escolamusica.jpg
1337000486etrad.jpg
Descargar todas as imaxes