martes, 30 xul 2019
A Vigo Battle of Teams, a quinta edición dunha competición de crossfit que abrangue participantes de seis países (España, Francia, Bélxica, Alemaña, Italia e Portugal) celebrarase esta fin de semana no complexo deportivo municipal de Samil, de venres a domingo, co patrocinio do Concello de Vigo, segundo anunciou o concelleiro de Deportes, Manel Fernández.
martes, 23 xul 2019
O alcalde de Vigo agradeceu ao Club de Remo Coruxo, representado polo seu novo presidente, Fernando Álvarez, o esforzo organizativo que supón por en marcha a Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, que se vai celebrar este domingo día 28 no Vao (12:00 horas) co patrocinio municipal.
luns, 22 xul 2019
A triatleta viguesa comezou a andadura gañando nas series mundiais en Montreal e aspira a chegar aos xogos paralímpicos "nas mellores condicións para pelexar por todo". Xunto a Rodríguez Gacio e aos responsables de Delikia, patrocinador da deportista, o alcalde indicou que en Vigo "estamos moi orgullosos de Susana", unha "referencia importante" tanto polos "logros" conseguidos como polas "aspiracións e obxectivos" que se propón.
mércores, 17 xul 2019
Abel Caballero recibiu este mércores a Iván Alonso despois de que o deportista vigués se proclamase subcampión de España de piragüismo no campeonato de inverno. O alcalde desexoulle moita sorte no Europeo que disputará en vindeiras datas en Francia.
martes, 9 xul 2019
Abel Caballero recibiu este martes aos equipos da UAD Cedro Concello de Vigo que lograron o Campionato de Liga e o campionato de Copa de Fútbol 11, o famoso dobrete, nun dos máis prestixiosos do fútbol afeccionado de Vigo como é o Torneo Amizade. O alcalde felicitou aos membros dos equipos polos éxitos conseguidos.
luns, 8 xul 2019
A Liga Nacional de Futevolei 2019 aterrará na praia de Samil a derradeira fin de semana deste mes de xullo (27 e 28) co apoio do Concello e a organización da Asociación Futevolei Vigo, nacida en 2017 e que xa é "das tres máis importantes do país por número de socios e crecemento", anunciou o edil de Deportes, Manel Fernández, na presentación do evento.
venres, 5 xul 2019
O XXVIII Gran Premio Ciclista Teis tomará as arterias principais do barrio este domingo (10:30), nesta oportunidade para as categorías de base, dende menos de dous e tres anos ata rapazas de 18. O alcalde de Vigo animou á cidadanía a achegarse á contorna do mercado de Teis para "ver a toda a familia do Club Ciclista Teis".
venres, 28 xuñ 2019
Abel Caballero despediu este venres aos nenos e nenas que participaron durante toda a semana no campamento multideportivo de Coruxo. Nun acto celebrado no campo do Vao, o alcalde felicitou tanto aos organizadores como aos monitores que traballaron cos pequenos. A iniciativa está promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Coruxo FC.
xoves, 27 xuñ 2019
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, di que o pádel "está en auxe" e o Trofeo Concello de Vigo vai definir as e os mellores da cidade nas pistas de Máis que Auga.
mércores, 19 xuñ 2019
O alcalde de Vigo presentou hoxe a edición 2019 da Vigo Cup, o torneo internacional de fútbol base que este ano vaise disputar do 24 de xuño ao 7 de xullo, coa primeira semana para o fútbol sala (24 ao 30) e a segunda para o fútbol 7 e fútbol 11. Un total de 241 equipos pelexarán polos títulos, dende sub-6 a sub-16 ou en categoría sénior feminina.