A "Vigo Battle of Teams" de crossfit volve este venres con récord de participantes en Samil e o patrocinio do Concello
xoves, 28 xul 2022Volve a Vigo Battle of Teams, o evento pioneiro de crossfit ao aire libre con 1.400 participantes.
Volve a Vigo Battle of Teams, o evento pioneiro de crossfit ao aire libre con 1.400 participantes.
Esta mañá presentouse a Howden Media Maratón "La21" nas oficinas de Howden en Zona Franca. As persoas interesadas xa poden apuntarse a esta proba deportiva.
O rexedor vigués comunicou esta maña que tras realizar os estudos pertinentes, o estadio de Balaídos poderá cumprir con todos os requisitos.
O alcalde informou este venres da disposición de 2.000 prazas para que as persoas maiores participen nesta actividade. Caballero clausurou o campamento polideportivo de Samil no que participaron 100 nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.
Onte mantívose unha xuntanza en Madrid para coñecer información precisa dos requisitos para ser unha das sedes do Mundial 2030 en España e Portugal. Caballero asegura que “está falando co arquitecto da reforma de Balaídos para estudar as posibilidades de ampliación de aforo e ámbitos técnicos”.
O alcalde informou este xoves da execución dos traballos que permitirán determinar as condicións e a capacidade do terreo para albergar o Indoor Park de Navia, que permitirá a práctica de skate, bmx, scooter e roller.
Abel Caballero, alcalde de Vigo, aplaudiu o traballo do Club de Campo de Vigo en xeral e do seu presidente, Alejandro Saenz, en particular, que presentaron esta mañá dous eventos que, do 15 ao 23 deste mes, desenvolveranse de forma conxunta: o XXI Trofeo Ramón Babe (pádel) e o XIV Memorial Genaro Borras (tenis), reunindo a máis de medio milleiro de xogadores, entre a inscrición de tenis e a de pádel.
Unha representación da entidade visitou este luns as instalacións do Concello, onde foron recibidos por Abel Caballero, quen se interesou polo desenvolvemento da súa práctica deportiva que inclúe diferentes modalidades da patinaxe en liña. Amais, amosáronlle ao rexedor os galardóns acadados nas últimas competicións, con medallas en campionatos mundiais, europeos e españois.
O alcalde confirmou en rolda de prensa que “Vigo está na carreira para ser sede do Mundial 2030” e desmentiu as informacións deste domingo, que deixaban o Estadio Municipal de Balaídos fóra da convocatoria.
O segundo campus deportivo municipal de Vigo puxo punto e final ás actividades desenvolvidas ao longo desta semana coa visita de Abel Caballero, que agasallou ao centenar de nenas e nenos participantes cunha medalla para lembrar o seu paso pola actividade. O rexedor celebrou o éxito desta nova edición no Pavillón das Travesas, agradecendo o traballo do persoal municipal. A vindeira semana, en Samil, celébrase o último dos tres campus polideportivos municipais previstos para este verán.