Escoitar

O goberno municipal investiu preto de 120.000 euros na remodelación de 14 pistas deportivas

O Goberno local iniciou un plan de mellor das 103 pistas deportivas distribuídas por toda a cidade. Ata o de agora, xa se remodelaron 9 instalacións cun investimento de 118.171 euros.

xoves, 26 dec 2024

Abel Caballero deu conta da execución de obras de mellora en 14 pistas deportivas da cidade nas que se investiu preto de 120.000 euros. Concretamente, realizaron traballos de mellora na Alameda dos Vellos (Beade); Fontáns e Verderol (Calvario); Areal (Centro), rúa Cangas interior, Limpiño, rúa Mondariz, Poeta Vesteiro Torres (Coia); Fragoselo (Coruxo); Alameda Saiáns (Saiáns); Samil – Ría de Vigo (Samil – Navia); Cantabria (San Xoan) e Riouxa (Teis).

Entre outras actuacións, renováronse pistas e pavimentos, redes para porterías e canastas, peches perimetrais, pintados, elementos deportivos, reparación de bancos, entre outros. Caballero afirmou que o Concello seguirá a mellorar as 103 pistas deportivas distribuidas por toda a cidade (futbito, baloncesto, balonmán, petanca, skate, automodelismo, parkour, pumpturck e volei.

Descargar todas as imaxes