Escoitar

O Pleno aproba o Orzamento municipal con 47,9 millóns para investimentos para 2025

A Corporación Municipal de Vigo aprobou hoxe definitivamente o décimo oitavo presuposto consecutivo do goberno presidido por Abel Caballero, cos votos a favor do Grupo Municipal Socialista e a oposición dos edís do PP e do BNG. As novas contas ascenden a 334.615.975,51 millóns de euros, dos que 47,9 millóns destinaranse a investimentos. “Levo 18 anos de alcalde e 18 orzamentos consecutivos aprobados. É a estabilidade, que a cidade segue o seu progreso e avance", afirmou o alcalde.

luns, 23 dec 2024

Os orzamentos municipais de Vigo de 2025 foron aprobados este luns batendo récords tanto polo importe, con 334,6 millóns de euros, como de investimento, con 47,9 millóns, “que se van a utilizar a favor da cidade”, afirmou o alcalde. “Nós seguiremos traballando e dialogando coa cidade porque o meu partido chámase Vigo e é o que fai que se aproben estes extraordinarios orzamentos, os mellores que tivo nunca esta cidade”, afirmou o rexedor.

Abel Caballero incidiu en que as contas para 2025, ademais de garantir a prestación de servizos de calidade, así como a execución de obras emblemáticas, contemplan incrementos en todas as partidas: deporte, educación, benestar social, medio ambiente e emprego, entre outras.

O alcalde expresou a súa sorpresa ante a decisión dos grupos municipais do PP e do BNG de votar en contra dun orzamento con obras para acabar numerosos proxectos, entre os que se atopan o estadio de Balaídos, a humanización a Avenida de Madrid, así como das rúas Pintor Colmeiro e Pintor Lugrís, Ruiseñor, San Roque, o ascensor de Marqués de Valterra, a Biblioteca de Teis e os parques de Finca Matías e da rúa Palencia, realizar o campo de fútbol de Sárdoma, e as ramplas mecánicas no Paseo de Granada, e de construír a nova piscina de Teis. O rexedor recalcou que os dous grupos da oposición tamén votaron en contra de conceder 3,3 millóns de euros en bolsas de inglés e 4 millóns en bolsas de comedor.

Explicacións

Caballero apelou aos edís da oposición a “explicar” as razóns polas que votaron en contra dos proxectos para a cidade. “Teñen que explicar por que votan en contra do mellor orzamento que tivo esta cidade na súa historia porque a acción partidaria é entendible, pero non o é que voten en contra do progreso excepcional da cidade de Vigo”, afirmou o rexedor.

O alcalde incidiu en que a maioría de goberno permite ao seu executivo para aprobar todos os grandes proxectos de Vigo sen estar a expensas dos dous grupos que se opoñen ao progreso da cidade.

Caballero destacou hoxe o seu agradecemento ao Goberno de España polos investimentos en proxectos transformadores. “Agradezo que o Goberno nos achegue 117 millóns de euros para o orzamento da cidade e a maiores os Fondos Europeos”, mentres a Xunta de Galicia “escasamente 5 millóns de euros. Esa é a diferenza. Temos un gran apoio do Goberno de España e a oposición aberta do BNG, do PP, e da Xunta de Galicia para aprobar os mellores orzamentos que podemos ter”.

Descargar todas as imaxes