luns, 23 decembro 2024

O Pleno aproba o Orzamento municipal con 47,9 millóns para investimentos para 2025

A Corporación Municipal de Vigo aprobou hoxe definitivamente o décimo oitavo presuposto consecutivo do goberno presidido por Abel Caballero, cos votos a favor do Grupo Municipal Socialista e a oposición dos edís do PP e do BNG. As novas contas ascenden a 334.615.975,51 millóns de euros, dos que 47,9 millóns destinaranse a investimentos. “Levo 18 anos de alcalde e 18 orzamentos consecutivos aprobados. É a estabilidade, que a cidade segue o seu progreso e avance", afirmou o alcalde.

Abel Caballero: "Os datos de ocupación hoteleira amosan que Vigo é o destino preferido por toda España no Nadal"

luns, 23 dec 2024

O alcalde informou que a ocupación hoteleira do sábado foi do 84%, "un dato excepcional". Caballero celebrou os bos datos que se están a rexistrar este Nadal, aos que amais das persoas que elixen Vigo para pernoctar, tamén chegan milleiros de autobuses con visitantes e o sector comercial e hostaleiro rexistran afluencias notables nos establecementos da cidade. "Vigo é o destino preferido por toda España no Nadal", afirmou.

Concello e Deputación asinan o convenio para investimentos por valor de 5 millóns de euros

luns, 23 dec 2024

Caballero e López rubricaron o convenio entre o Concello e Deputación dotado con 5 millóns de euros para este 2024 inclúe as obras no parque Finca Matías, na reconstrución dun muro no parque de Navia, a reparación dun muro no campo municipal do Sárdoma-Moledo, a cuberta do pavillón da pista vermella de As Travesas e a humanización de Clara Campoamor, entre Ramiro Pascual e o Hospital Álvaro Cunqueiro.