Concello e Deputación asinan o convenio para investimentos por valor de 5 millóns de euros
Caballero e López rubricaron o convenio entre o Concello e Deputación dotado con 5 millóns de euros para este 2024 inclúe as obras no parque Finca Matías, na reconstrución dun muro no parque de Navia, a reparación dun muro no campo municipal do Sárdoma-Moledo, a cuberta do pavillón da pista vermella de As Travesas e a humanización de Clara Campoamor, entre Ramiro Pascual e o Hospital Álvaro Cunqueiro.
O goberno local e o goberno da Deputación de Pontevedra asinaron o convenio para os investimentos por valor de 5 millóns de euros do ano 2024. Este documento inclúe as obras no parque Finca Matías, na reconstrución dun muro no parque de Navia, a reparación dun muro no campo municipal do Sárdoma-Moledo, a cuberta do pavillón da pista vermella de As Travesas e a humanización de Clara Campoamor, entre Ramiro Pascual e o Hospital Álvaro Cunqueiro.
O parque Finca Matías suporá un investimento de 3.248.793 euros; a reconstrución dun muro de contención no parque de Navia por 513.272 euros; tamén outro no campo municipal de fútbol Sárdoma-Moledo por 819.681 euros; a cuberta do pavillón da pista vermella do complexo deportivo de As Travesas terá un orzamento 286.212 euros; e a humanización de Clara Campoamor, entre Ramiro Pascual e o Hospital Álvaro Cunqueiro 1.320.920 euros.
Caballero puxo de manifesto a vontade do diálogo por parte do goberno provincial e o seu presidente: “estamos en tempo, forma e de xeito adecuado”, concluíu na súa intervención o alcalde. Pola súa banda, López apostou por seguir na senda da colaboración co Concello de Vigo.