Escoitar

O INE constata un novo récord de visitantes e pernoctas en novembro

Os datos de viaxeiros e pernoctas rexistrados polo INE en novembro, que constatan un incremento do 8,5% no número de viaxeiros e un 9% de pernoctas con respecto a 2023, ratifican que Vigo “segue sendo un modelo turístico en España”, segundo recalcou hoxe Abel Caballero.

xoves, 26 dec 2024

Abel Caballero recalcou hoxe que o 70% dos turistas que visitaron Vigo en novembro procederon doutras cidades españolas, constatando un aumento do 2,5% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. A este dato hai que engadir que o turismo internacional alcanzou o 30%, crecendo un 27%. As pernoctas creceron un 9%.

“Convertémonos e somos unha gran cidade receptora de turismo. Isto é excepcional. É economía, emprego, recursos e a mellora en toda a hostalería, e o que todo o mundo desexa: ser unha gran cidade turística”, recalcou Caballero ao destacar que o portal eBooking sitúa a Vigo como primeira recomendación de destino para visitar neste Nadal.

O alcalde asegura que os datos oficiais consolidan á cidade como “foco central do turismo de España, que é un dos grandes do mundo. Pois Vigo é o primeiro. En Nadal estamos por diante de Madrid, Barcelona e Málaga, tres cidades inmensamente turísticas".

Descargar todas as imaxes