Escoitar

O Concello de Vigo incrementa ata os 500.000 euros a partida para as Escolas Deportivas Municipais

O rexedor mantén un encontro esta tarde coas entidades participantes no programa que este ano conta con 5.235 inscritos, 400 máis que a edición anterior.

martes, 28 xan 2025

Abel Caballero explicou que o ente municipal aumentou un 20% a axuda ás familias,, elevando a subvención por participante de 8 a 10€. O alcalde explicou que as familias aportan 46€ ao ano por alumno e o Concello subvenciona outros 185€. A inversión total realizada polo Concello de Vigo no programa de Escolas Deportivas Municipais elevase ata os 500.000 euros.

“Os clubs xa recibiron 171.000€ para levar adiante o programa” e nos vindeiros días “entregaremos equipamento deportivo por valor de 16.000€”, expresou o alcalde. O programa conta este ano cun total de 5.235 inscritos, 400 máis que a edición anterior, que participan en 37 modalidades deportivas en colaboración con 65 entidades. Esta iniciativa deportiva desenvolvese en 35 instalacións municipais ata o mes de maio, momento en que se realizan as correspondentes clausuras.

 

 

 

Descargar todas as imaxes