Escoitar

A Casa das Artes acolle “A Galicia inédita”, unha mostra do mellor fotoxornalismo galego

Caballero defendeu esta mañá a “calidade excepcional” da exposición que desde hoxe exhibe 73 fotografías doutros tantos profesionais galegos. A mostra permanecerá aberta na Casa das Artes ata o 28 de febreiro.

luns, 27 xan 2025

Abel Caballero, acompañado por María Méndez, presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia (APG), Fernando Blanco, comisario e Mercedes Moralejo, fotoxornalista, inauguraron esta mañá na Casa das Artes “A Galicia Inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego”. Organizada pola APG e polo Colectivo Profesional de Fotoxornalistas de Galicia, a mostra reúne 73 imaxes doutros tantos reporteiros gráficos que traballan en Galicia, acompañadas por textos elaborados por xornalistas que tamén desenvolven o seu labor na nosa comunidade.

“A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego” permanecerá aberta ao público, con entrada libre, na Casa das Artes ata o próximo 28 de febreiro. Poderá visitarse nos seguintes horarios:

  • Luns, mércores e xoves (18:00 a 21:00 horas)
  • Martes e xoves (11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas)
  • Sábados (12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas)
  • Domingos e festivos (12:00 a 14:00 horas)

 

Descargar todas as imaxes