As fontes de Aragón ilumínanse de vermello pola enfermidade de Kawasaki
O Concello súmase á conmemoración do Día Mundial de Concienciación da Enfermidade de Kawasaki coa iluminación este venres das fontes de Aragón de cor vermella. A xornada quere servir para alertar sobre as graves consecuencias que pode ser a enfermidade se non se detecta e trata a tempo. A enfermidade de Kawasaki afecta principalmente a menos de cinco anos e arredor do 25% dos nenos que non son tratados a tempo sofren secuelas cardíacas, sendo a principal causa de cardiopatía adquirida en nenos.
