Escoitar

O Concello asume a suba do prezo do billete do transporte urbano

O Goberno de España deixará de subvencionar a súa parte do billete do transporte urbano de Vigo tras o voto en contra da oposición no Congreso dos Deputados. “Isto supón que agora o Concello paga 9.000 euros máis ao día”, declarou o alcalde. Amais, anunciou que presentará unha moción de urxencia no Pleno do luns para abordar esta cuestión.

venres, 24 xan 2025

Abel Caballero anunciou que o Concello asumirá a suba do 30% do billete do Vitrasa tras decaer as axudas ao transporte. O Goberno de España a subvencionar 0,33 euros do custe do ticket, que agora deixará de pagar tras o voto en contra da oposición no Congreso dos Deputados.

Caballero explicou que isto supón 9.000 euros ao día para as arcas municipais, 1.642.000 euros se sumamos o prazo completo no que estarían vixentes estas axudas.

Para o alcalde “isto é un escándalo político que dana á cidadanía de Vigo e ao Concello”. Por isto, anunciou que o luns abordarán este tema no Pleno cunha moción de urxencia “para pedir explicacións a Feijóo, Rueda e ao Partido Popular de Vigo”.

O alcalde pregúntase quen vai aportar eses 0,33 euros, porque se os paga o Concello “outras cousas haberá que deixar de facer se temos que dedica 1.642.000 euros máis ao transporte urbano”.

Descargar todas as imaxes