Escoitar

O goberno local solicita fondos europeos para a recollida selectiva de residuos

O alcalde informou que son 1.384.892 euros para a recollida separada de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles.

luns, 27 xan 2025

A Xunta de Goberno aprobou a solicitude de 1.384.892 de fondos europeos para catro proxectos en materia de recollida selectiva de residuos. O alcalde explicou que o goberno local vai investir en catro liñas de actuación.

O primeiro deles e o proxecto para a consolidación da recollida separada de materia orgánica. Tamén outra das liñas está enfocada á reciclaxe orgánica mediante composteiros domésticos. En canto a outros residuos, tamén o Concello quere consolidar a recollida separada de aceite de cociña usado e o téxtil.

Descargar todas as imaxes