Escoitar

O goberno municipal realizou pagos en contratos por valor de máis de 195 millóns de euros

O alcalde salientou que o Concello é dinamizador da economía da cidade con contratos para servizos como limpeza ou as becas de inglés así como os investimentos en humanizacións e ramplas e escaleiras mecánicas.

martes, 28 xan 2025

Vigo contratou máis no ano 2024 que Barcelona, Málaga ou Sevilla. O alcalde deu conta dos datos de contratación do ano pasado, que superaron os 195 millóns de euros.

O alcalde salientou que o Concello é dinamizador da economía da cidade con contratos para servizos como limpeza, as becas de inglés, obras en colexios, alumeado público e escolas infantís, así como os investimentos en humanizacións e ramplas e escaleiras mecánicas.

Caballero tamén puxo de manifesto que Vigo bateu récord do pago máis rápido nunha cidade de España: 5 días. “Temos todo en marcha. Somos unha gran cidade dinamizadora, producindo servizos e melloras para a cidadanía”, concluíu.

Descargar todas as imaxes