venres, 23 mar 2018
O alcalde e a presidenta da Deputación participaron esta mañá na CEP na inauguración da exposición "Nado en pedra. Formas e figuras" da Escola de Canteiros da Deputación. Son 18 pezas de tamaño e temática variada que se poderán visitar ata o próximo 15 de maio.
xoves, 22 mar 2018
Caballero anunciou hoxe xoves que a actuación de Maná, o próximo 23 de xullo en Castrelos será outra das citas musicais programadas dentro de Vigo en festas. En declaracións aos medios, reiterou que a cidade contará este verán con dez grandes concertos entre os que tamén estarán Joan Manuel Serrat e Raphael.
luns, 19 mar 2018
Abel Caballero presentou esta mañá a segunda edición do Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo. Organizado pola Asociación de Música Clásica de Galicia, o certame se desenvolverá entre o 24 e o 28 de febreiro con participantes de 31 países
luns, 19 mar 2018
Abel Caballero saudou este luns ao centenar de alumnos de ESO do IES Rosais 2 e do CPR Escolas Nieto asistentes no Auditorio municipal aos Concertos didácticos organizados polo Concello, a través da Escola municipal de Música, baixo o título "A tradición oral nas cantigas de Martín Códax".
luns, 19 mar 2018
Abel Caballero confía nunha resposta afirmativa do ministro de Cultura ao que vén de facer chegar a proposta de construír a Biblioteca do Estado nos terreos municipais da rúa Lalín. O espazo expropiado polo Concello ten 6.000 m2 e un valor de 5 millóns e sería cedido de xeito gratuíto polo goberno local.
martes, 13 mar 2018
As paredes da Alcaldía lucirán nas próximas semanas as obras de Diego de Giráldez, un dos máis prestixiosos artistas do país. Caballero, durante a inauguración, eloxiou a calidade das obras expostas e animou a todo Vigo a achegarse ás dependencias municipais para gozar da calidade dun pintor cun excepcional dominio da técnica. Unha vez máis, Mostrarte colaborara coa divulgación da expresión artística na nosa cidade. No acto desta mañá tamén estivo presente a presidenta da Deputación, Carmela Silva.
luns, 12 mar 2018
O alcalde ofrecerá a sinatura dun convenio co Ministerio de Cultura para a construción dun edificio singular para o que o Concello cederá terreos por valor de 5 millóns de euros. Con esta fórmula non habería que esperar 4 anos para arrancar co proxecto, tal e como propón a Xunta.
venres, 9 mar 2018
A Xunta de Goberno Local deu este venres o visto e prace á transferencia de financiamento do Concello de Vigo á Fundación MARCO. O alcalde, Abel Caballero, destacou que a achega municipal supón o 75 por cento do orzamento do museo e lembrou que tanto a Xunta de Galicia como o Ministerio de Cultura reduciron de forma importante as súas subvencións.
mércores, 7 mar 2018
O festival, que conta con máis de vinte bandas de diferentes estilos musicais, celebrarase os días 23 e 24 de marzo en dez salas de Vigo, o que animará "a coñecer e gozar da cidade". O concerto de presentación correrá a cargo das bandas Slowdive e Dead Sex este sábado 10 de marzo no Auditorio Mar de Vigo.
mércores, 7 mar 2018
A proposta para instar ao Ministerio de Cultura e á Xunta de Galicia a negociar coa Morgan Library&Musem foi aprobada cos votos do grupo municipal socialista. Os concelleiros da Marea abandonaron a sesión e o PP non compareceu. "Iniciamos unha senda que terá como final o regreso do Pergamiño a Vigo", sinalou o alcalde.