Escoitar

O Concello reabrirá o 25 de maio a maior parte da Rede Municipal de Museos

A partir do 25 de maio estarán abertos as instalacións da Rede Municipal de Museos, coa excepción do MARCO que funcionará desde o día 2 de xuño. As salas de lectura seguirán pechadas, segundo a normativa vixente.

martes, 12 mai 2020
O alcalde, en rolda de prensa telemática
O alcalde, en rolda de prensa telemática

O próximo 25 de maio, unha vez realizadas as labores de limpeza e desinfección, reabrirán as súas portas unha grande parte das instalacións da Rede Municipal de Museos: Museo de Castrelos, Pinacoteca, Casa das Artes-Fundación Laxeiro, Casa Galega da Cultura e a Fundación Liste. O MARCO estará aberto a partir do martes 2 de xuño, cos servizos e usos que prevé a lexislación vixente.

A normativa non permite de momento abrir as salas de lectura nin as bibliotecas a modo de salas de estudio. Precisou o rexedor que proximamente comezará a funcionar a Neira Vilas pero só con servizo de préstamo de libros que, cando se devolvan, terán que permanecer en cuarentena 14 días.

O goberno local traballa tamén na apertura das pistas de atletismo e as de tenis de Samil. Estas instalacións poderían abrise a semana que vén, unha vez rematados os cursos de formación en prevención de riscos que se está a ofrecer aos responsables das mesmas.

Rexistro

O Concello abriu o rexistro presencial, previa cita a través do 010, para solicitar a Risga, pensións non contributivas, discapacidades e axudas de inclusión social. Estas son as únicas tramitacións que se poden desenvolver polo de agora no rexistro, que segue pechado para calquera outra xestión, tal e como aclarou esta mañá o rexedor.

Descargar todas as imaxes