Escoitar

O alcalde pide aclaracións á Xunta sobre as saídas nos núcleos de menos de 5.000 habitantes

En dúas ocasións o goberno local lle pediu á administración autonómica aclaracións sobre as parroquias de Vigo que poderían prescindir de restricións de franxas horarias nas súas saídas. Un documento da Subdelegación do Goberno atribúe á Xunta a capacidade para definir cales son eses núcleos de poboación, unha información que, a continuación, tería que trasladar aos concellos.

luns, 11 mai 2020

O alcalde reclama de novo á Xunta aclaracións respecto as saídas nos núcleos de menos de 5.000 habitantes, no marco das medidas de alivio do confinamento decretado polo estado de alarma. Nunha rolda de prensa telemática, o rexedor explicou que o goberno local dirixiuse á administración autonómica en dúas ocasións para reclamar aclaracións sobre as parroquias de Vigo que poden prescindir de restricións de franxas horarias para as súas saídas.

Sen resposta da Xunta, o Concello recibiu nas últimas horas unha notificación da Subdelegación do Goberno na que se indica que ten que ser a Xunta a que defina os núcleos que poden quedar exentos destas limitacións e que, a continuación, tería que comunicarllo ás administracións locais. Caballero indicou que debe aterse a esa indicación porque, do contrario, podería incorrer “en responsabilidade penal”. Precisou que se o goberno local tivera “autonomía” para decidir a situación estaría resolta, en todo caso e “situación de indefinición”, engadiu que a Policía Local non está a multar á xente que sae nos núcleos de poboación pequenos fóra da súa franxa horaria.