Escoitar

Xoán Carlos Abad, autor do bando do Día das Letras Galegas

O director do Instituto de Estudos Vigueses será o encargado de redactar o bando polo Día das Letras Galegas deste ano, un 17 de maio que renderá homenaxe á figura de Ricardo Carvalho Calero. O alcalde considera idóneo a Abad, home “do mundo da cultura, da historiografía da cidade”

mércores, 13 mai 2020

Abel Caballero desvelou este mércores o nome da persoa encargada este ano de elaborar o bando polo Día das Letras Galegas, responsabilidade que recaeu no director do Instituto de Estudos Vigueses, Xoán Carlos Abad, un “home do mundo da cultura, da historiografía da cidade”.

O Concello prevé realizar actividades virtuais, segundo adiantou Caballero, para celebrar un Día das Letras Galegas marcado pola crise do coronavirus. O homenaxeado este 2020 é Ricardo Carvalho Calero, mestre ferrolano e unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX.