Raphael chega a Castrelos con todas as entradas vendidas

xoves, 2 ago 2018

O programa "Vigo en Festas" do Concello de Vigo reserva para este xoves as 23h a gran actuación de Raphael no Auditorio de Castrelos, con todo o papel vendido. Para facilitar a mobilidade dos espectadores, o goberno vigués pecha ao tráfico desde as tres da tarde o vial que cruza o parque.

O MARCO ofrece con METRÓPOLE unha visión retrospectiva do panorama artístico galego

venres, 6 xul 2018

O alcalde resaltou esta mañá que Vigo foi pioneira a principio do século XX en asumir unha revolución da creatividade, unha forma diferente de entender a arte a través da cinematografía. Na presentación desta visión do panorama artístico actual, Caballero felicitou aos responsables da mostra, ao comisario e ao "excepcional" escultor que protagoniza a primeira das exposicións.

O alcalde inaugura a Feira do Libro de Vigo

xoves, 28 xuñ 2018

O alcalde de Vigo participou este xoves na inauguración da Feira do Libro de Vigo, que este ano celébrase de novo na Porta do Sol. Abel Caballero destacou o traballo los libreiros e dos escritores que acoden a tradicional cita literaria. "A feira celébrase no corazón da cidade, queremos que a cultura permaneza viva e hai que agradecer a labor dos autores e dos libreiros, poñen a alma nas súas creacións e no seu traballo", sinalou o rexedor.