Vigo avanza no seu programa de arte urbana coa colorida proposta de Equipo Plástico
O alcalde visitou este venres o pintado da medianeira da rúa Venezuela 22, xunto ao colexio dos Maristas, un dos dezaseis espazos incluídos na sexta edición de “Vigo, cidade de cor”. Unha vez concluída a deste ano, a cidade contará con 133 murais nas súas rúas e colexios.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación e tenente de alcalde viguesa, Carmela Silva, acudiron este venres ao pintado dun novo mural na cidade, desta volta a cargo de Equipo Plástico na rúa Venezuela 22, próximo ao centro educativo dos Maristas.
A sexta edición do programa inclúe dezaseis medianeiras (San Roque, Aragón, Avenida Ramón Nieto, Cantabria, Avenida Guixar, Avenida Atlántida, Vilagarcía de Arousa, Ronda de Don Bosco, Venezuela, Avenida da Florida, República Arxentina, rúa Coruña, rúa Palencia, IES O Castro, rúa Regueiro e rúa Chao) que se transformarán en obras de arte efímero. O importe da iniciativa roza o medio millón de euros, cantidade na que se incorpora unha partida para o mantemento das obras creadas en anos anteriores e a realización de actividades complementarias de carácter cultural.