martes, 25 ago 2020
Abel Caballero amosou este martes a súa “preocupación” pola situación dos comedores escolares xestionados polas ANPAS da cidade -que non abrirán en discrepancia pola seguridade do protocolo autonómico contra o Covid- e pediu a Núñez Feijóo que “tome cartas no asunto” porque “moitos nenos, se non comen no comedor escolar, sinxelamente non comen”.
martes, 25 ago 2020
A colaboración público privada permitiu acometer as obras de conexión entre a rúa Barxa do Covelo con Gandarón, un proxecto de 390.000 euros dos que o Concello achegou 150.000 euros. O alcalde eloxiou esta cooperación e agradeceu a súa implicación á empresa Alvariño Inversións S.L..
martes, 25 ago 2020
O servizo que atende na rúa ás persoas sen fogar deron conta de 32 intervencións ao longo da semana pasada. Aínda que a meirande parte destas persoas rexeitou a oferta de pernoctar nos albergues, se aceptaron usar o comedor e a unidade de hixiene do albergue de Marqués de Valterra.
martes, 25 ago 2020
O Concello de Vigo coopera unha vez máis coa posta en marcha do concurso internacional de piano “Cidade de Vigo” que nesta ocasión e debido á pandemia será unha edición online que se desenvolverá entre o 15 e o 19 de outubro. Este ano serán un centenar os músicos participantes que foron seleccionados entre máis de 300 aspirantes de 50 países do mundo.