O goberno local aproba o proxecto de humanización da rúa Taboada Leal
O Concello de Vigo sacará a licitación de forma inmediata a humanización da rúa Taboada Leal, entre Rúa Don Bosco e Venezuela, despois de que a Xunta de Goberno Local aprobase o proxecto. A obra sairá a concurso cun prezo de 565.000 euros e o prazo de execución é de sete meses.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres en rolda de prensa da aprobación en Xunta de Goberno Local do proxecto de humanización da rúa Taboada Leal, entre a Rúa Don Bosco e Venezuela. O importe da licitación da obra é de 565.243 euros e o seu prazo de execución son 7 meses, con data prevista de inicio a finais de este ano.
Caballero destacou que o proxecto ordenará o tráfico na zona, e renovará e modernizará o trazado viario existente, con novos firmes en calzada e beirarrúas de uns 3 metros de ancho. Novo mobiliario urbano, arborado, instalación de rego, substitución de luminarias e renovación íntegra da rede de abastecemento serán outras das actuacións incluídas no proxecto.
Saneamento en Teis
O goberno local tamén deu o visto e prace ao convenio de colaboración con Augas de Galicia para a mellora do sistema de saneamento na parroquia viguesa de Teis no marco do programa FEDER Galicia 2014-2020 cun investimento de 1 millón de euros (80% financiado por fondos europeos).
O proxecto inclúe a ampliación e mellora da rede separativa na contorna da rúa Baixada a Ríos e a renovación do colector da margen do río Paraixal.