O Festival TerraCeo pechará o 19 de setembro cun gran concerto como gala de despedida
Abel Caballero participou esta mañá na presentación de tres novos concertos e unha gran gala de despedida do Festival TerraCeo organizado no Auditorio Mar de Vigo. O alcalde resaltou o bo funcionamento desta iniciativa cultural con música de grande calidade nun marco de seguridade Covid 100%.
A primeira edición do Festival Terraceo no Auditorio Mar de Vigo pechará a súa programación cun gran concerto como gala de despedida previsto para o 19 de setembro. Será unha gran noite de música con grandes artistas do panorama musical na que tamén participarán artistas locais.
Antes desa velada, están programados nove concertos, dos que tres son novidade. O 10 de setembro subirá ao escenario Izal; ao día seguinte, Mi Capitán; e o día 18 será a quenda de Dani Fernández. Estas actuacións súmanse ás xa previstas: 28 de agosto; Miss Cafeína; mañá 29 de agosto, Rodrigo Cuevas; 4 de septiembre, Sex Museum; 5 de septiembre, El Drogas; e 12 de setembro, Viva Suecia, que actuará en sesión vermouth.
Rematado o Festival, o próximo 19 de setembro, serán 37 os espectáculos organizados en 78 días, todos eles respectado os máis estritos controis de seguridade sanitaria, tal e como resaltou o rexedor na rolda de prensa de presentación destes últimos concertos. Cualificou de “excepcional” o festival en canto a público, cunha media de afluencia de máis do 90% do aforo permitido e tamén destacou o cumprimento das medidas anticovid no tocante ás distancias, ao uso de máscaras e á presenza de xel hidroalcólico. Explicou que este evento demostra que “a cultura non está reñida coa seguridade sanitaria cando se fai ben porque se a música é importante a saúde tamén”.