Corina Porro asistiu á inauguración da nova biblioteca do MARCO
luns, 15 nov 2004O novo servicio será gratuito e estará aberto ao público a partir de mañá.
O novo servicio será gratuito e estará aberto ao público a partir de mañá.
A soprano afirmou sentirse feliz de actuar en Vigo, onde sinte a complicidade do público, e adiantou que no seu repertorio haberá maioría de compositores españois, ademais de arias antigas barrocas e temas de Mozart.
Dende hoxe e ata o 19 de novembro, a Casa da Xuventude expón a obra de Dolores Canle, unha pintora de técnicas variadas totalmente involucrada no mundiño artístico, ben como pintora, ben como profesora de artes plásticas, ou ben como deseñadora de xoias.
Tanto o programa de dinamización do SNL como o de animación da Biblioteca Central reservaron un amplo apartado de actividades dirixidas aos mais cativos.
Cinco fotógrafos galegos mostran a súa visión do Camiño acompañados e guiados polas letras de catro escritoras galegas. Natureza e arte conxúganse maxistralmente nos traballos dos artistas para pór de manifesto os múltiples significados da cultura xacobea.
A mostra poderá verse ata o 5 de novembro na ludoteca da Casa da Xuventude en horario de luns a venres en horarios de 10 a 14 e de 17 a 21 horas.
Como novidades destacan o obradoiro de escritura para rapaces de máis de 11 anos e a visita, o xoves 11 de Cándido Pazó.
A Fundación establece a entrada gratuíta ao Museo Etnográfico Liste para as asociacións de maiores e os grupos de escolares.
As visitas realízanse os martes e os xoves, son guiadas e inclúen obradoiros e actividades para os escolares. O obxectivo é o de aproxima-la arte contemporánea galega aos nenos dun modo dinámico e dialogado.
"The Crumb Box", dirixida por Vítor García e Michelle McGauchie, emitirase o xoves ás 8 horas. "Minotauromaquia. Pablo no labirinto", de Juan Pablo Etcheverry, terá lugar o venres a partir das 8 horas.