Escoitar

O real e o imaxinado, unha proposta pictórica na Casa da Cultura

"De mitos e de homes" é o título da exposición que se poderá visitar desde o luns na Casa Galega da Cultura, da pintora Teresa Prieto. A mostra é un percorrido dos cadros principais da pintora que crea un universo metade real, metade imaxinario.

venres, 9 set 2005
1126266444teresaportada.jpeg
O tipo de obra que se amosa é un percorrido por un mundo imaxinario plasmado en óleos sobre lenzos en formatos que van, dende os cadros máis pequenos, de 20 x 24 cm, a escenas en grandes formatos, de 160 x 130 cm. Tamén, nesta exposición pode coñecerse o proceso de creación dun dos cadros de grandes dimensións, a través dos bosquexos orixinais do proxecto.

"De mitos e de homes" é unha selección dos cadros principais da autora que crea un universo metade real, metade imaxinado. Cada cadro é unha historia onde o mundo dos seres humanos se mestura co dos seres mitolóxicos e interrelaciónanse.

A exposición , organizada polo departamento de Cultura, inaugurase o luns 12 de setembro ás 20 horas e poderase visitar ata o 16 de outubro en horario de luns a venres de 18:00 a 21.30 horas; sábados de 11.00-14.00 horas e de 18:00 a 21.30 horas; domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas.
Descargar todas as imaxes