Escoitar

A Policía Local velará pola seguridade dos colexios desde o inicio do curso escolar

A Policía Local porá en marcha con motivo do comezo do curso escolar o seu servizo de seguridade á entrada e saída dos colexios. Ademais, a partir de outubro iniciará a campaña de educación vial dirixida aos centros de primaria da área de Vigo, na que participarán máis de 13.000 escolares.

venres, 9 set 2005
A Policía Local porá en marcha a partir do próximo luns 12 de setembro, con motivo do comezo do curso escolar, o seu servizo de seguridade á entrada e saída dos alumnos dos centros de educación. Na mesma data principiarán tamén as inspeccións dos vehículos de transporte escolar.

Campaña de Educación Vial

Por outra parte, o departamento de Educación Vial da Policía Local iniciará o día 3 de outubro a súa campaña 2005-2006 dirixida aos centros de educación primaria da área de Vigo que teñan solicitado esta actividade formativa.

Este ano, a diferenza dos anteriores, os axentes-monitores da Policía Local impartirán as súas charlas teóricas aos alumnos de catro e cinco anos e aos dos primeiros cursos de cada ciclo (1º, 3º e 5º). Ademais, os nenos de 6º curso recibirán unha clase teórico-práctica no parque infantil de tráfico situado no Castro, co obxcecto de potenciar neles unha conducción máis segura e cívica.

Desde o 3 de outubro de 2005 ata o 9 de xuño de 2006 a Policía Local visitará 80 colexios, tres por semana. Nesta actividade participarán 13.184 escolares.