A Biblioteca Central retoma os obradoiros de inglés para rapaces e adultos
As actividades gratuítas en inglés para rapaces e adultos voltarán á Biblioteca Pública Central de Vigo a partir do mes de outubro, e debido á demanda acadada na convocatoria pasada é preciso facer unha inscrición previa na propia Biblioteca antes do 1 de outubro.
Neste novo curso escolar, tanto os obradoiros para adultos como os destinados para rapaces serán os venres, pero a distinta hora. Así, os programados para adultos terán lugar de 16.30 a 18.00 horas e os destinados aos rapaces desenvolveranse en dúas quendas: a primeira, para os nenos de 4 a 6 anos, terá lugar de 18.00 a 19.00 horas e a segunda, de 19.00 a 20.00 horas, será para os rapaces de 7 a 9 anos.
O número máximo de asistentes por curso é de 15 persoas, e debido ao interese espertado por estas actividades, este ano é preciso anotarse nunha lista previa na propia Biblioteca. O prazo para facelo remata o sábado 1 de outubro ás 13.50 horas.
Coa lista de inscritos farase un sorteo ás 10.00 horas do luns 3 de outubro. Deste xeito, do sorteo sairá tanto a lista definitiva de admitidos como a lista de agarda.
É importante a asistencia á actividade, xa que no caso de que se produzan dúas faltas sen xustificar, darase a baixa automática da persoa e avisarase á lista de agarda.
O obxectivo destes obradoiros é potenciar o uso e coñecemento dos fondos en outros idiomas que hai na biblioteca de xeito lúdico e entretido.