venres, 30 set 2005
Lucía Molares, concelleira de Emprego e Pedro Puente, presidente da Fundación Secretariado Xitano, veñen de asinar un convenio de colaboración , no marco do Plan Municipal de Emprego poboacióncontempla, no que se contempla acción de acollida, orientación, acompañamento e acceso da poboación xitana á formación e o emprego.
venres, 30 set 2005
De onde vimos? Cara a onde imos? Estas son dúas preguntas frecuentes na historia do pensamento filosófico. As XV Xornadas de Filosofía de Vigo, que se desenvolverán do 18 ao 21 de outubro baixo o título de "A realidade humana: problemática actual da persoa", poden servir para acharlles resposta.
venres, 30 set 2005
Esta fin de semana reiniciase a programación do circuíto teatral por barrios "Vigo a Escena" que organiza a concellería de Cultura e que se desenvolverá os meses de outubro, novembro e decembro . A programación presentouna o venres ,en rolda de prensa, o concelleiro Ignacio López Chaves e o coordinador do circuíto, Xerome Calero.
venres, 30 set 2005
A Alcaldía recolle neste documento unha serie de medidas coa que se pretende evitar que o problema da falta de auga poida agravarse. Estas medidas recoméndanse tanto aos servizos municipais como aos cidadáns de Vigo, e seranlles comunicadas, así mesmo, aos concellos da nosa área metropolitana.
venres, 30 set 2005
A Xunta de Goberno celebra sesión ordinaria o luns, día 3, ás 9 horas , para tratar os seguintes asuntos