Volve o teatro con "Vigo a Escena"
Esta fin de semana reiniciase a programación do circuíto teatral por barrios "Vigo a Escena" que organiza a concellería de Cultura e que se desenvolverá os meses de outubro, novembro e decembro . A programación presentouna o venres ,en rolda de prensa, o concelleiro Ignacio López Chaves e o coordinador do circuíto, Xerome Calero.
En total serán neste período 39 actuacións a cargo de once compañías viguesas, sete con espectáculos para adultos (Máscara; Sísifo; Avento; Aforo; Disque Danza; Fulano, Mengano e Citano; The Pinga) e catro para público familiar (Artello; Pablo Nojes e Páprika; Spaghetti Títeres; A Loca-Motora). As actuacións abarcan practicamente todo o termo municipal, pasando por barrios tales como: Teis, Travesas, Matamá, Cabral, Navia, San Xoán Poulo, Valadares, Bembrive, Beade, Castrelos, Saiáns e Comesaña; nesta ocasión aumentase ademais dous recintos inéditos ata agora como son o Liceo Marítimo de Bouzas e o salón de actos do Real Clube Náutico.
Ao igual que no período anterior, tívose un apartado especial para o auditorio do Concello no mes de outubro, dentro dunha planificación encaminada á recuperación deste recinto como protagonista da programación cultural municipal, que se verá incrementando durante o 2006; así, este domingo o grupo de Teatro Avento representará a obra "¿E agora que facemos...?", ás 20’00 horas, o domingo 9 tocaralle ao apartado infantil e familiar co compañía A Loca-Motora ás 12 horas para acabar con Fulano, Mengano e Citano o sábado 15, ás 20 horas.
Un dos obxectivos básicos deste circuíto é a estabilidade, polo que a Concellería de Cultura xa está planificando toda a programación anual para o 2006, o que facilita enormemente a labor tanto das propias compañías viguesas como das entidades receptoras.
O presuposto destinado polo departamento de Cultura ás 66 actuacións do 2005 ronda os 110.000 euros.
A Concellaría de Cultura ten como un dos seus grandes obxectivos o apoio, difusión e potenciación da programación municipal de artes escénicas na nosa cidade, mediante a organización de programacións ao longo de todo o ano con carácter estable; así, a nivel teatral desenvolvemos o Festival Alternativo de teatro no mes de marzo, as tres semanas de programación teatral realizadas no verán, tanto para adultos como para o público infantil-familiar, e complementase ao longo do resto do ano co circuíto teatral por barrios VIGO A ESCENA. Este circuíto tense convertido co paso dos anos nunha verdadeira rede municipal de teatro na cidade, experiencia única en toda Galicia.
Descargar todas as imaxes