mércores, 14 set 2011
A Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional abre o prazo de matricula do 15 ao 30 de setembro. A escola oferta ensinanzas de danza da tradición galega para afeccionados sen límite de idade. As solicitudes poderán presentarse nas dependencias da escola , no soto primeiro da Casa do Concello en horario de luns a venres de 9 a 13 horas e xoves de 17 a 19 horas.
mércores, 14 set 2011
O vindeiro domingo, 18 de setembro clausúrase a exposición titulada Cartografía do presente, Colección de Arte Contemporánea Fundación Laxeiro que se inaugurou o pasado dez de xuño e que foi visitada por 3.785 persoas ata a data. A exposición mostra por primeira vez a colección de arte contemporánea da Fundación Laxeiro, construida nos once anos de actividade da institución, mediante aportación de obras de artistas que colaboraron nalgún proxecto expostivo.
luns, 12 set 2011
A Biblioteca Xosé Neira Vilas abriu de novo as súas portas tras a instalación durante o mes de agosto do mobiliario definitivo da mesma. Novas instalacións e servizos nesta biblioteca municipal sita na Avda Martínez Garrido 21.
venres, 9 set 2011
A boa aceptación da exposición Vilagrafías por parte dos usuarios, o museo Vervum prorrogamos dita exposición ata o vindeiro domingo día 30 de outubro. Vilagrafías é unha recreación poético-fotográfica da xeografía visual e sentimental das vilas e cidades galegas.Trátase dun traballo de escritores e escritoras sobre a súa vila ou cidade emocional que fai agromar a imaxe fotográfica.Os horarios de apertura ao público e de 10 a 14 e de 17 a 21 horas (ata o 15 de setembro) e de 10 a 19 horas ininterrumpido (a partir do 16 de setembro).
venres, 12 ago 2011
Coincidindo coas festas da cidade, FEIRA trasládase nesta ocasión ao sábado 13 de agosto e contará coa súa habitual selección de produtos ecolóxicos frescos, presentaranse propostas artesanais , haberá unha selección de tapas e pinchos de cinco locais do paseo,e pola noite ofrecerase actuacions musicais de cabaret, jazz e sesión Dj.
venres, 12 ago 2011
A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, presentou este venres o concerto que ofrecerá Los Planetas no Parque de Castrelos, mañá sábado ás 22:30 horas, teloneados polos vigueses Munich. O ritmo de venda de entradas "vai ben", a cinco euros, cunhas 1.500 despachadas sobre un aforo próximo ás 4.000 localidades. A banda granadina conxugará os últimos traballos cos seus temas clásicos, baixo 100.000 watios de son.
martes, 9 ago 2011
O mércores 10 de agosto haberá unha nova sesión do ciclo Mércores no Solpor na azotea do museo Verbum dedicado á danza, poesía, vídeo e música. A actuación será ás 20.30 horas con entrada gratuíta ata completar aforamento( 220 persoas).
martes, 2 ago 2011
Un ano máis celébrase na azotea do Museo Verbum os "Mércores de Solpor". Esta 6ª edición volve a ser un punto de encontro para artistas de distintas disciplinas como a música, a poesía, a danza, o cabaré… onde experimentar e crear actuacións irrepetibles. Todas as actuacións comezarán as 20:30 horas con entrada gratuíta.
martes, 2 ago 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, presentaron este martes o programa festivo da Semana Grande de Vigo, do 6 ao 16 de agosto. O pregón -que inclúe sorpresas- correrá a cargo de Manuel Manquiña, Tony Lomba e Troula Animación, e o concerto de Los Planetas en Castrelos -sábado 13 de agosto por 5 euros- sobresae no panorama musical. Caballero salientou o aforro de 600.000 euros nunha programación con actos para todos os públicos.
venres, 29 xul 2011
O rexedor, Abel Caballero, compareceu hoxe venres en rolda de prensa rodeado dalgúns dos artistas vigueses que conforman o cartel de Son de Vigo. Trátase dunha semana de concertos que se desenvolverán a semana que vén na Praza da Constitución e no Auditorio de Castrelos, actuacións que serán presentadas, respectivamente, por Tony Lomba e Manuel Manquiña.