xoves, 22 dec 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este xoves o concerto de aninovo que ofrecerá Siniestro Total no Teatro García Barbón para conmemorar os seus 30 anos de traxectoria musical. A "suite sinfónica suicida" Land of Opportunity unirá o rock dos vigueses coa música contemporánea do Taller Atlántico Contemporáneo o próximo 4 de xaneiro ás 21:30 horas, con entradas á venda desde 12 euros.
mércores, 21 dec 2011
A Concellería de Cultura e Festas programa para o xoves, 22 de decembro, ás 21.00 horas un concerto de Nadal do Coro Concento de Vigo no Auditorio Municipal do Concello. Entrada libre até completar capacidade mediante invitación que se recollerá no despacho de billetes do Auditorio o mesmo día da actuación desde unha hora antes do comezo do concerto.
martes, 20 dec 2011
O alcalde de Vigo, xunto á concelleira de Cultura e ao xerente do IFEVI, presentou este martes a novena edición de Vigolandia, que celebrarase en Cotogrande do 26 ao 30 de decembro. O evento, que reúne a numerosos patrocinadores, ofrece un concurso de pintura, un espectáculo de maxia e múltiples actividades para nenos, adicando toda a recadación á asociacións solidarias de Vigo.
Actividade paralela da exposición YOU ARE NOT ALONE
luns, 19 dec 2011
Dentro das actividades paralelas da exposición YOU ARE NOT ALONE, o martes 20 de decembro terá lugar nas instalacións do MARCO o obradoiro titulado ‘Introducción ao counselling no VIH/SIDA’, impartido por Marimar Revuelta (axente de saúde en VIH/SIDA do Grupo de Autoaxuda IMÁN CEDRO) e Antón Bouzas (educador social, coordinador do Grupo IMÁN CEDRO e terapeuta na Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo).
luns, 19 dec 2011
Actuación da Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo o 20 de decembro no Auditorio Municipal do Concello, ás 20 horas.Entrada libre até completar capacidade mediante invitación que se recollerá no despacho de billetes do Auditorio o mesmo día da actuación desde unha hora antes do comezo do concerto.

venres, 16 dec 2011
Esta fin de semana o Concello programa nunha ampla oferta de actividades de ocio e cultura para todos os públicos. Toda a oferta municipal en vigocultura.org
venres, 16 dec 2011
O obxectivo deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na divulgación do programa da Reconquista da Vila de Vigo 2012, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (AVC Casco Vello) en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo.O prazo de presentación é do 10 de decembro do 2011 ao 13 de xaneiro do 2012.

xoves, 15 dec 2011
A Festa Escénica en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas presenta en Vigo o seu show circense de grande formato "Galtük". Dende o día 16 de decembro e ata o 8 de xaneiro, o paseo de Samil será o espazo no que centos de artistas den vida a "Galtuk", con 31 funcións durante 20 días. O prezo das entradas oscila entre os 8 e os 32 euros e se porán a venta a través de Servinova e na taquilla, dúas horas antes de cada show.

mércores, 14 dec 2011
Máis de 30 obras representativas de cómo se tratou historicamente ‘O nacemento’ en países como Portugal, Alemania, Italia o Perú pódese ver no Museo Liste do 15 de decembro ó 8 de xaneiro . A exposición "O Nadal na tradición" está organizada pola Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas.
luns, 5 dec 2011
A Concellería de Cultura e Festas colabora coa productora Músicas do Sul no concerto que ofrecerá Isga Collective no Auditorio Municipal o próximo mércores 7 de decembro ás 21.00 horas. O acceso é gratuíto ata completar aforamento; ás invitacións pódense recoller no despacho de billetes 60 minutos antes.