Ingreso dunha cantidade de metálico extraviado na conta bancaria do Concello
venres, 25 xuñ 2004
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras do segundo cinto de Vigo, pecharase ao tráfico o camiño de Seixos (Valadares), con acceso axclusivo para residentes, dende as 00.00 horas do mércores 23 de xuño de 2004, por un período aproximado de tres meses.
O Proxecto Alicerce (programa de emprego da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo, posto en marcha no marco da subvención global do Fondo Social Europeo) abre un novo prazo para a presentación de solicitudes de participación como beneficiario/a no itinerario de creación de empresas.
O Pleno do Excmo. Concello de Vigo, en sesión do 31 de maio de 2004 adoptou, entre outros, o seguinte acordo: "Aprobación provisional da Ordenanza reguladora dos prezos públicos pola utilización de "Verbum-Casa das Palabras".
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de fresado e asfaltado da rúa Beiramar, cortarase o carril desta cara ao centro, no tramo entre rúa Pescadores e rúa Coruña, dende hoxe, venres 18 de xuño de 2004 en horario nocturno de 22:00 horas a 06:00 horas, e por un período aproximado dunha semana.
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 31/05/2004, por proposta da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, aprobou as bases reguladoras da convocatoria do ano 2004 do "programa de axudas municipais á contratación", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2004-2007.
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 31/05/04, por proposta da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, aprobou as bases reguladoras da convocatoria do ano 2004 do "programa de axudas municipais á creación de empresas", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2004-2007.
Ponse en coñecemento de tódalas persoas interesadas en tomar parte nos exames, para a obtención do permiso municipal de conductor de autotaxis, que deberán presentar a solicitude xunto a documentación esixida na vixente Ordenanza municipal reguladora do servicio, ata o 16 de xuño, incluído.