Abel Caballero sobre Jaime Borrás: "Excepcional vigués, bo amigo e empresario destacado"

venres, 15 xul 2022

O alcalde participou este venres no acto de entrega da Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios, que recoñeceu a traxectoria de Jaime Borrás, cofundador de BVC Artai e expresidente do Círculo de Empresarios de Galicia. Caballero cualificou o momento de "emocionante": "Na historia da empresa e a familia, aparece todo o mundo. Detrás hai algo tan importante como que nun mundo tan complexo foi capaz de facer unha empresa desde aquí para competir cos mellores do mundo e iso dálle máis valor ao que significas ti, a túa familia e a túa empresa". O rexedor subliñou que "Vigo é economía" e concluíu: "Unha empresa non ten peso se non ten valores: amizade, confianza, facer equipo e iso é Vigo".

O rexedor recibe ao Club Freestyle Slalom Vigo

luns, 11 xul 2022

Unha representación da entidade visitou este luns as instalacións do Concello, onde foron recibidos por Abel Caballero, quen se interesou polo desenvolvemento da súa práctica deportiva que inclúe diferentes modalidades da patinaxe en liña. Amais, amosáronlle ao rexedor os galardóns acadados nas últimas competicións, con medallas en campionatos mundiais, europeos e españois.