martes, 15 abr 2003
Augas de Galicia vai colaborar co Concello de Vigo na redacción e execución do Plan Director de Abastecemento de Auga á área de Vigo. Ese é o compromiso adquirido polo presidente do organismo, Emilio García Gallego, ante o alcalde de Vigo, que hoxe lle presentou en Santiago o avance do devandito proxecto.
venres, 4 abr 2003
O alcalde, Lois Castrillo, entrevistouse con Francisco Lores, presidente da Federación da Sociedade Galega de Arxentina, co fin de coñecer a situación dos vigueses nese país.
venres, 4 abr 2003
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, expresou a súa consternación sobre os sucesos acontecidos o xoves 3 de abril na praza de América no transcurso dunha concentración pola paz.
mércores, 2 abr 2003
O alcalde, Lois Castrillo, inaugura no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) a primeira edición de Galiocio, o Salón do Tempo Libre, que organiza a empresa Planner&Proceltha, e no que estarán representados máis dun cento de expositores procedentes de distintos puntos de España e Portugal.
mércores, 2 abr 2003
O Concello participa nun dos seus proxectos en Ecuador
xoves, 27 mar 2003
O alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, outorgaralle a Medalla da Cidade ao xornal Faro de Vigo no transcurso do acto de conmemoración da Reconquista da Cidade o xoves 27 ás 20:00 horas no Centro Cultural Caixanova. Na cerimonia tamén se fará a entrega dos galardóns aos vigueses distinguidos correspondentes ao ano 2003.
mércores, 26 mar 2003
O alcalde, Lois Castrillo, presentou as pezas que premiarán o labor dos homenaxeados nesta edición, que representan a uve da victoria de Vigo.
martes, 25 mar 2003
O alcalde, Lois Castrillo, entregoulles unha placa aos empresarios que cederon productos para os voluntarios na limpeza da marea negra.
venres, 21 mar 2003
Estudiáronse as situacións derivadas dos problemas ambientais do mar.
xoves, 20 mar 2003
"As cidades, os portos e os riscos ambientais" foi o tema que centrou as ponencias de hoxe do primeiro seminario internacional "Relacións Porto-Cidade no espacio atlántico europeo" que se está a desenvolver no auditorio municipal e que preside o Concello de Vigo.