O profesor Francisco José Peña presenta a "Radiografía ambiental de Galicia"
O profesor e responsable do Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles, Francisco José Peña Castiñeira, presentará o xoves, 30 de novembro, nunha conferencia-coloquio, a súa nova publicación "Radiografía Ambiental de Galicia".
Nun acto presidido pola alcaldesa de Vigo, Corina Porro, que se celebrará a partires das 20:00 horas no auditorio da nova Alcaldía (Areal, 66), o profesor Peña Castiñeira, membro da Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia, será presentado por Luis Espada Recarey, Valedor do Cidadán e catedrático da Universidade de Vigo.