Discurso da alcaldesa no Día de Galicia
venres, 23 xul 2004As palabras da alcaldesa, Corina Porro, terán lugar ás 20.20 horas na recepción oficial do Día de Galicia.
As palabras da alcaldesa, Corina Porro, terán lugar ás 20.20 horas na recepción oficial do Día de Galicia.
O acto terá lugar ás 20.00 horas no Pazo Museo Quiñones de León. Carlos Núñez será o encargado de redactar e ler o Bando que realiza o Concello con motivo desta festividade.
A Comisión será convocada nos próximos días e estará presidida pola alcaldesa e representada por colexios profesionais de avogados, procuradores, pola xunta de xuíces e a fiscalía.
A alcaldesa Corina Porro lerá na noite do venres o pregón das Festas de Bouzas, no que lembra a celebración de cen anos de historia compartida entre Bouzas e Vigo e que éstas son as primeiras declaradas de interese turístico.
A alcaldesa presentou as Festas de Bouzas que se celebran do 16 ao 20 de xullo e nas que o Concello colabora con preto de 3.000 euros. A edición deste ano coinciden co centenario da adhesión desta parroquia ao Concello de Vigo.
O Auditorio do Parque de Castrelos acollerá os días 16 e 18 de xullo dúas galas audiovisuais organizadas pola Televisión de Galicia e o Xacobeo 2004. Serán a partir das 21:30 horas, e estarán abertas ao público.A presentación das galas estivo a cargo da alcaldesa, Corina Porro e do responsable de espectáculos del Xacobeo, Xerardo Rodríguez, así como do gaiteiro Carlos Núñez.
Por segundo ano consecutivo, o equipo de fútbol 7 dos bombeiros de Vigo proclamouse gañador do torneo que se celebra anualmente e no que participan 60 parques de bombeiros de toda España. A alcaldesa, Corina Porro, recibiunos hoxe no Concello e felicitou aos xogadores polo trofeo acadado.
A alcaldesa, Corina Porro, inaugurará esta tarde en Cotogrande o Netgame, que abrirá a súas portas aos internautas ata o domingo 18 de xullo ás 17.00 horas. Seis días nos que os asistentes poderán disfrutar de talleres, xogos ou concursos da máis diversa índole.
O Centro Oceanográfico de Vigo presentou hoxe a elección de Vigo como sede para a celebración da Conferencia Científica Anual do Consello Internacional para a Exploración do Mar que se celebrará do 22 ao 25 de setembro, e na que se exporán os avances derivados da investigación mariña. Ao acto de presentación asistiu a alcaldesa de Vigo, Corina Porro; o delegado de España no ICES, Eduardo López-Jamar; o subdirector xeral de investigación do Instituto Español , Javier Pereiro e o director do Centro Oceanográfico de Vigo, Alberto González Garcés.
A alcaldesa, Corina Porro, entregoulle ao presidente de Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, un informe coas demandas pendentes da cidade en asuntos de competencia estatal. O acto tivo lugar esta mañá en Santiago de Compostela nun encontro que o presidente do Goberno mantivo cos alcaldes das sete grandes cidades de Galicia no que se abordou a necesidade de contar con maior financiamento local por parte dos concellos.