martes, 14 feb 2006
A alcaldesa, Corina Porro, recibiu hoxe martes no Concello a presidenta da Asociación de Mulleres de Mariñeiros "Rosa dos Ventos", Xosefa Pego, e a coordinadora de relacións desta entidade, Cristina de Castro.
luns, 13 feb 2006
A Corporación Municipal, coa alcaldesa, Corina Porro, á cabeza, recibiu hoxe luns no Concello o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, no que foi a primeira visita oficial deste á Casa Consistorial viguesa.
venres, 10 feb 2006
Chegar aos cen anos de vida é algo pouco frecuente. Eduardo Estévez vén de cumprir un século e a alcaldesa, Corina Porro, estivo hoxe venres no seu domicilio na avenida de Portanet para felicitalo, entregándolle un ramo de flores coas cores de Vigo e colocándolle a medalla da cidade.
martes, 24 xan 2006
A alcaldesa, Corina Porro, entrevistouse hoxe luns na Casa do Concello coa cónsul de Portugal en Vigo, Maria Regina Flor de Almeida, para tratar da próxima visita que o embaixador luso, José Filipe Morais, fará á nosa cidade.
martes, 27 dec 2005
A alcaldesa, Corina Porro, e o reitor, Domingo Docampo asinaron o convenio polo que a Universidade comprométese á entrega e disposición do Concello dos edificios que compoñen a actual sede do reitorado antes do 1 de marzo de 2006. O edificio albergará as dependencias da alcaldía e oficinas de Deputación Provincial e da Mancomunidade.
martes, 27 dec 2005
A alcaldesa, Corina Porro e a conselleira de Cultura e Deportes, Anxela Bugallo asinaron un protocolo de intencións para a musealización e posta en valor dos restos arqueolóxicos atopados no solar número 41 da rúa Marques de Valladares.
mércores, 21 dec 2005
A alcaldesa, Corina Porro, visitou hoxe mércores os nenos ingresados na unidade de Pediatría do Hospital Xeral para entregarlles regalos, acompañada de representantes da Policía Local.
venres, 9 dec 2005
A alcaldesa Corina Porro presentou o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para o desenvolvemento do proxecto "Vigo Dixital" incluído no programa "Cidades Dixitais", cun orzamento de 700.000 euros.
venres, 2 dec 2005
Ás 20 horas do venres día 2 de decembro encéndese o alumeado de Nadal que este ano contou coa colaboración dos comerciantes para determinar as zonas do municipio que deberían ter alumeado natalicio.
xoves, 1 dec 2005
A rúa González Sierra, no entorno das Travesas, abriuse ao tráfico tralo remate das obras de humanización que executou o Concello de Vigo en colaboración coa Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia cun investimento de 388.199 euros.<br />