O alcalde liderará unha mesa sectorial do granito e asinará un convenio co seu centro tecnolóxico
Abel Caballero se entrevistou hoxe mércores coa dirección da Asociación de Graniteiros de Galicia e acordaron que o propio alcalde lidere unha mesa do granito para reflexionar e afrontar a actual situación do sector. Ademais, o Concello de Vigo, a Xunta de Galicia e o Centro Tecnolóxico do Granito asinarán un convenio para facer de Vigo un exemplo do emprego deste material.<br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acordou este mércores coa Asociación de Graniteiros de Galicia a composición dunha mesa do sector da pedra, que reflexionará e definirá coas partes implicadas as posibles saídas á crise da construción.
O sector do granito, explicou o alcalde, está a atravesar momentos difíciles pola caída da edificación a nivel internacional. Ante esta perspectiva, Abel Caballero liderará unha mesa sectorial que deseñará o modo de afrontar a situación desde Vigo, tendo en conta que o propio Concello é cliente e que o sector ten vocación exportadora e internacional.
En menos dunha semana, estimou o alcalde, se celebrará un encontro inicial entre o Concello e as empresas que conforman o nutrido ámbito do granito en Vigo, que servirá de posta en marcha da propia mesa sectorial.
Centro Tecnolóxico do Granito
Abel Caballero informou asemade o acordo alcanzado con AGG para asinar un convenio entre o Concello de Vigo, a Xunta de Galicia e o Centro Tecnolóxico do Granito que pretender exportar o modelo de humanizacións en pedra que leva a cabo a cidade.
O Concello, explicou o rexedor, quere que o Centro Tecnolóxico deseñe posibles localizacións para o granito, ademais do uso que xa se lle está a dar nas humanizacións, con pedra 100% producida nas industrias viguesas. O obxectivo municipal pasa porque o Centro defina espazos para o granito acordes co uso que van precisar.
O convenio, afirmou o alcalde, se asinará "de inmediato" para facer de Vigo un exemplo no emprego do granito.
3.800 empregos
O alcalde mostrou a importancia do encontro deste mércores co sector do granito de Galicia, nun 90% localizado en Vigo, tanto en número de empresas como en volume de facturación. De feito, o sector, indicou Abel Caballero, emprega a 3.800 persoas e aglutina a 27 empresas.
Descargar todas as imaxes