xoves, 14 mar 2019
Abel Caballero informou este xoves dun novo galardón de Vigués Distinguido, concedido ex aequo este ano a trece colexios pola súa traxectoria temporal e singular, un "recoñecemento" convertido en "homenaxe" á educación da cidade: "Vigo é o que é neste momento, unha gran cidade, pola labor educativa e de formación de tantos colexios durante 25, 50 e ata 75 anos".
luns, 11 mar 2019
A convocatoria no Concello parte da Federación Española de Municipios e Provincias, presidida por Abel Caballero. En declaracións aos medios, o alcalde vigués indicou que este acto, en recordo dos case que 200 falecidos no atentado de Madrid de hai quince anos, se estende ás vítimas do terrorismo en xeral.
xoves, 7 mar 2019
Pedro Sánchez e Abel Caballero evocaron o compromiso municipalista de Tomás Rodríguez Bolaños no acto celebrado este xoves na FEMP. Políticos, alcaldes, compañeiros de Corporación e de Xunta de Goberno acompañaron hoxe á familia de Bolaños na entrega da Chave de Ouro do Municipalismo ao que fose presidente da FEMP e alcalde de Valladolid.
martes, 5 mar 2019
Abel Caballero amosouse este martes "encantado" coa reunión celebrada en Madrid co secretario de Estado de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Pedro Saura, viaxe da que volveu coa rehabilitación da fortaleza rubricada e co compromiso de Fomento de aumentar o investimento para humanizar a Avenida de Madrid.
xoves, 28 feb 2019
O alcalde e a presidenta da Deputación presentaron hoxe o proxecto de reforma da bancada de Marcador que, "se non hai impedimentos", será licitada a principios de verán co obxectivo de iniciar os traballos no último trimestre do ano.
xoves, 21 feb 2019
O alcalde de Vigo manterá en vindeiras datas unha xuntanza con responsables de Red Eléctrica Española para tratar os problemas que ten a factoría de PSA no polígono de Balaídos. "Xa falamos este mércores en Bilbao e son moi favorables a buscar unha boa provisión da traída de alta tensión", sinalou.
mércores, 20 feb 2019
Ante a decisión de cerrar a delegación viguesa do Instituto Social das Forzas Armadas, Abel Caballero iniciará un diálogo coa titular de Defensa para revocar a decisión e manter o servizo na cidade.
mércores, 20 feb 2019
No acto de presentación da Guía de Mobilidade Sustentable para Entidades Locais, o presidente da FEMP e alcalde de Vigo asegurou que, grazas á electricidade, estamos a asistir a "unha revolución na forma de entender o transporte e o planeta". A Guía, elaborada pola FEMP e REE, foi presentada este mércores en Bilbao, no marco do Congreso sobre Mobilidade Urbana Sustentable SUM Bio 19.
xoves, 14 feb 2019
Abel Caballero valorou como "mala noticia" que os orzamentos do Estado non fosen aprobados pero apunta que "non afecta á cidade porque está todo asegurado" á marxe dos Presupostos.
martes, 12 feb 2019
Abel Caballero amosou este martes o seu "agrado" e "satisfacción" polo indulto parcial concedido aos sindicalistas vigueses: "Non pode ir ninguén á cárcere pola súa acción sindical". O rexedor tivo palabras de cariño para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez e agradeceu a "sensibilidade" do Goberno de España.