Escoitar

O alcalde, satisfeito polo indulto concedido polo Goberno aos sindicalistas Carlos Rivas e Serafín Rodríguez

Abel Caballero amosou este martes o seu "agrado" e "satisfacción" polo indulto parcial concedido aos sindicalistas vigueses: "Non pode ir ninguén á cárcere pola súa acción sindical". O rexedor tivo palabras de cariño para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez e agradeceu a "sensibilidade" do Goberno de España.

martes, 12 feb 2019
1549978861120219AlcaldeRueda_01.JPG
Carlos Rivas e Serafín González, afiliados á UXT e á CIG respectivamente, foron condenados en 2011 a tres anos de prisión e "non pode ir ninguén á cárcere pola súa acción sindical". O rexedor explicou que "non ten sentido" unha pena de encarceramento para os dous sindicalistas, aos que lles enviou "unha aperta", e agradeceu a "sensibilidade" do Goberno de España na concesión deste indulto parcial.
Descargar todas as imaxes