Escoitar

A EDAR do Lagares da un "paso medioambiental" e adicará o biogás a xerar enerxía eléctrica

Abel Caballero informou este martes dos traballos que se están a levar a cabo na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do río Lagares para mellorar as prestacións da planta e adicar o biogás á xeración de enerxía eléctrica.

martes, 12 feb 2019
A Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Vigo está sendo sometida durante as últimas horas a traballos de mantemento para a mellora das súas prestacións. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de que planta da así un novo "paso medioambiental e ecolóxico".

Os traballos na EDAR levaranse a cabo durante todo este martes para actuar nas conducións de de biogás da planta, posto que é preciso eliminar o gas, por medio dunha inertización da tubaxe, para a instalación dun equipo de deshumectación.

"É para mellorar as prestacións de biogás no seu emprego de xeración de enerxía eléctrica", sinalou o rexedor antes de apunta que as labores estarán hoxe rematadas.

Caballero tamén lembrou que a EDAR do Lagares "é unha das máis importantes depuradoras de Europa" e indicou que o seu custe foi asumido con fondos de Europa e Vigo. "Escoito ao presidente da Xunta dicir que pagaron parte, é falso, a Xunta pediu un crédito que paga relixiosamente Vigo co canon de saneamento. Dos seus orzamentos, cero euros", apuntou.