xoves, 2 mar 2023
Abel Caballero: “Do 14% da cifra correspondente ás administracións públicas, que se planteaba nun primeiro momento, pasouse ao 35% asignado a día de hoxe”. A Xunta de Goberno da Femp celebrou en Alacante a súa segunda reunión deste ano.
mércores, 1 mar 2023
Son 29 autobuses, dos que 22 son 100% híbridos con motor eléctrico. Como sinalou o rexedor, “contan cun sistema de condución eléctrica ampliada, que baseándose en datos en tempo real o vehículo cambia automaticamente ao modo eléctrico”.
martes, 28 feb 2023
A iniciativa didáctica desenvolverase ao longo do mes de marzo, principalmente con alumnos de 5º e 6º de educación Primaria. O alcalde sinalou que “serán arredor de 1000 alumnos de 20 centros da cidade”.
luns, 27 feb 2023
A XVIII edición da Festa da Brincadeira rememora a expulsión do exército francés da Vila de Bouzas cunha representación teatral e o primeiro concurso de traxes de época.
luns, 27 feb 2023
Abel Caballero sinalou que vai “enviarlle de novo á Consellería de Educación o convenio para garantir a construción do instituto de Navia”. Recordou que xa en febreiro de 2020 enviou unha primeira misiva o presidente da Xunta polo mesmo motivo, reiterada en maio do ano pasado.
venres, 24 feb 2023
A Praza do Rei acolleu este venres a concentración silenciosa convocada pola FEMP para tódolos municipios de España con motivo do primeiro aniversario do inicio da guerra, en solidariedade coa poboación ucraína e cos milleiros de persoas desprazadas fóra do país.
xoves, 23 feb 2023
Abel Caballero clausurou a xornada celebrada na sede de Zona Franca "A aplicación e implicación da economía circular nas estratexias públicas e privadas", onde expresou ante o tecido empresarial que "a economía circular é unha nova forma de entender na economía na que vivimos". O alcalde afirmou que estamos "ante novos valores na sociedade onde antigas formas de explotación empresarial xa non son tolerables". Zona Franca e a organización contaron coa presenza de Caballero para expresar as mellores prácticas e estratexias públicas neste eido.
xoves, 23 feb 2023
Seis localizadores de prestixio nacional e internacional visitan Vigo coa intención de incluír localizacións da cidade en próximas rodaxes. Os profesionais teñen traballado en grandes producións como “A casa de papel”, “The Crown” e campañas de publicidade internacionais.
xoves, 23 feb 2023
O Concello rehabilita esta zona coa musealización do Castro, unha recuperación do patrimonio e un novo atractivo turístico na cidade de Vigo.
mércores, 22 feb 2023
Este martes mantívose unha xuntanza en Madrid para coñecer información precisa dos novos requisitos para ser unha das sedes do Mundial 2030 en España, Portugal e Ucraína. No día de hoxe elevouse a sétima, e derradeira, parte da estrutura da cuberta de Marcador.