Escoitar

O goberno de Vigo aproba 12 proxectos para ampliar a rede en malla do servizo de abastecemento de auga

A Xunta de Goberno aprobou este venres 12 proxectos cos que se amplía a rede en malla do servizo de abastecemento da auga. “Seguimos ampliando o mallado da rede”, afirmou Abel Caballero ao explicar que o investimento nas novas obras ascende a 900.000 euros.

venres, 26 xan 2024
Abel Caballero no inicio das obras da Etap do Casal
Abel Caballero no inicio das obras da Etap do Casal

O alcalde avanzou que a listaxe de rúas onde se procederá á instalación da nova rede a partir do próximo mes de febreiro está integrado polas rúas San Correa, en Beade; Baixada a San Roque; Ramón Nieto; Isidoro Romero Caballero; Breadouro–Combro, en Coruxo; Doutor Corbal 69-67; Carrasqueira interiores, en Coruxo; ademais de nos camiños Eidos e Outeiro, en Sárdoma, Saíñas, en Samil, e Chumba, en Teis. A estes súmanse os dos CEIPS Santa Tegra e Paraixal.

Caballero afirmou que as obras significan unha gran mellora no abastecemento, xa que no caso dunha avaría a auga chegará ás vivendas a través do mallado ampliado.

As obras que comezarán en febreiro súmanse ás realizadas desde 2019 en Coruxo, Lavadores, García Barbón, Carballal, Hernán Cortés, Emilia Pardo Bazán, Sárdorma e A Salgueira.

O rexedor apuntou que ás melloras que conleva a extensión do mallado da rede de abastecemento da auga completarase coa próxima entrada en funcionamento da nova potabilizadora “paga ao cento por cento polo Concello e Xunta de Galicia cero”. Incidiu en que “vai significar unha mellora aínda máis importante na calidade da auga de Vigo.

Descargar todas as imaxes