Escoitar

O Concello concede 2.186 axudas á rehabilitación de vivendas por importe de 44,17 millóns

O goberno local continúa coa rehabilitación de vivenda e xa son 2.186 as axudas concedidas con tal fin. Aos 44,7 millóns dedicados a estas actuacións hai que sumar outros 6,4 millóns de fondos europeos para financiar obras de eficiencia enerxética.

venres, 26 xan 2024
Imaxe de arquivo da Praza da Constitución
Imaxe de arquivo da Praza da Constitución

Abel Caballero deu conta este venres da concesión de 2.186 axudas á rehabilitación en zonas ARIS, cun investimento de 44,7 millóns. Concretamente, xa remataron actuacións no Casco Vello, Bouzas, Bueu-Moaña, Santa Clara, Beiramar, San Pablo e San Roque.

A estas achegas, súmanse outras subvencións, neste caso procedentes de Fondos Next Generation EU, para a mellora da calidade residencial e o impulso ás actuacións de aforro enerxético. Con este fin, el Concello declarou a varias zonas da cidade como Espacio Residencial de Rehabilitación Programada (ERRP). Beneficiaranse desta iniciativa propietarios de inmobles situados en 14 ámbitos da cidade: Casco Vello, Bouzas, Coia Amplia, Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, San Roque, Fenosa, A Salgueira, Gorxal, Alcalde Lavadores, Canicouva e Escolas Públicas. Tal e como explicou Caballero, o Concello conta con 6,4 millóns de fondos europeos para un programa que xa está en tramitación.

Descargar todas as imaxes