Escoitar

Unha xornada de ocio ligada ao fútbol coa Liga Marca, o sábado na praza do Rei

Vinte e dous equipos de benxamíns, alevíns e infantís xogarán este sábado na praza do Rei a fase clasificatoria de Vigo da Liga Marca, no que será unha xornada aberta ás familias e con actividades lúdicas para todos.

venres, 4 mai 2007
1178283522ligamarca040507.jpg
Os 22 equipos, 12 deles de Vigo e os outros dez procedentes doutras localidades galegas, ofrecerán o seu fútbol a todos aqueles cidadáns que se acheguen á praza do Rei. A competición comezará ás 09.00 horas e finalizará coa desputa das finais a partir das 16.00 horas aproximadamente. A entrega de premios terá lugar ás 17.00 horas. A duración dos partidos será de 20 minutos.

Ademais do campionato de fútbol, a praza do Rei acollerá na xornada do sábado un conxunto de actividades lúdicas coas que se quere convidar as familias a gozar do seu tempo de ocio.

A Liga Marca desputarase noutras nove localidades españolas previamente á final nacional de Sevilla, que terá lugar do venres 11 ao domingo 13 de maio coa presenza dos gañadores de cada categoría en cada unha das fases previas. Estas localidades son Tarancón (Cuenca), Palma de Mallorca, Navalafuente (Madrid), Barcarrota e Talavera la Real (Badaxoz), Écija (Sevilla), Níjar (Almería) Huelva e Campillos (Málaga).

A presentación da fase viguesa da Liga Marca tivo lugar hoxe venres no Concello, nun acto ao que asistiron a concelleira de Deportes, Lucía Molares, o director da Liga Marca, Román Arranz, e o director do equipo Vigo 2015, campión da Liga o ano pasado, Francisco Fernández.
Descargar todas as imaxes