Escoitar

Música metal na "Sala Ábrete"

O sábado 4 e domingo 5 de maio, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113), de 17:00 a 20:00 horas, dentro do espazo "Sala Ábrete", terá lugar unha programación dirixida á xente moza.

venres, 4 mai 2007
Para a tarde do sábado está previsto un concerto metal no que actuarán os grupos ASMATOKOSIS e INSOMNIA .

O domingo, neste mesmo espazo, sesión de discoteca light con audiovisual sessions, música dance, reggaeton e a máxima actualidade.

A entrada para estas actividades será gratuíta e, ademais, celebraranse sorteos entre os asistentes.

"Sala Ábrete" é un Espazo de Ocio Alternativo da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo en colaboración coa SalaA!, onde mozos e mozas poderán pasalo ben e abrirse a novas experiencias de ocio saudable.

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Tfno. 986 294 806 www.xuventudevigo.org