Escoitar

Asemblea Galega de Inmigración e Emigración Retorno

Vigo acolle a II Asemblea Galega de Inmigración e Emigración Retorno que se celebrará o próximo sábado 5 de maio no auditorio de Caixanova e na que participarán máis de 275 persoas co fin de coordinar actuacións futuras como a elaboración da Carta de Dereitos Cidadáns de Galicia.

xoves, 3 mai 2007
O Concello de Vigo, en colaboración co Foro Galego das Migracións e Migración Retorno, organiza esta asemblea, de carácter anual, onde participaran todas as entidades que forman parte de Foro, con fin de coordinar as accións a levar a cabo no próximo ano en temas de inmigración o retorno.

O Foro Galego das migración e o retorno e un órgano apolítico, integrado por organizacións variadas que persigue a atención e a integración dos inmigrante e os emigrantes retornados en Galicia.

A xuntanza que se celebrará no auditorio de Caixanova de 10 a 18 horas debaterá asuntos como unha ponencia sobre inmigración e emigración en Galicia, a cargo de Víctor Freixanes; presentarase o documento de Propostas ao Plan Galego de Inmigración, cun espazo de consultas dúbidas e suxestión e unha Carta de Dereitos Cidadáns de Galicia.

No transcurso asemblea están organizadas actuacións musicais e artísticas, así como unha exposicións de artesanía e outros productos típicos.