Locais do Casco Vello queren revitalizar a zona cun novo concurso de tapas
Catorce locais hosteleiros do Casco Vello ofrecerán tapas especiais a 1 euro do 4 ao 27 de maio, dentro dun concurso organizado en colaboración coa Concellería de Turismo e Comercio para promocionar esta zona da cidade entre os propios consumidores vigueses.
Esta será a segunda edición dun concurso de tapas que o ano pasado contou coa participación de 11 locais e colleitou un grande éxito entre a clientela de Vigo, segundo asegurou a presidenta da Asociación de Comerciantes e Hosteleiros "Vigo Vello", Itos Domínguez. Esta iniciativa, continuada do 23 de febreiro ao 11 de marzo pasados coas Xornadas do Mexillón Galego, supón un novo pulo á recuperación e revitalización do Casco Vello como espazo de encontro e de ocio para os vigueses e viguesas.
O local gañador deste concurso de tapeo decidirase mediante os votos dos clientes, que elixirán as tapas que máis lles gusten. O hosteleiro que acade o maior número de votos será premiado cunha fin de semana no Hotel Hesperia da Toxa. Os clientes que voten entrarán no sorteo ante notario doutra fin de semana nese destino.
Os locais que participan neste concurso son os seguintes e ofrecerán estas tapas:
- A Curuxa: "Curusushi"
- A Meiga: montadito "A Meiga"
- A Pita Tola: brocheta de marinados con froitas
- Axóuxere: patacas "Axóuxere"
- Bahía: polbo braseado sobre pataca ao pobre e lagostino con aguacate
- Cabernet: porro con bocareu
- Casa Amura: champiñóns ao allo con gambas
- Dona Branca: sopa de melón fría
- Reconquista: caldeirada de luras
- El Pescador: mexillóns á vingreta con limón
- Gril’s: torrada de queixo
- La Comidilla: pantumaca
- La Mari: fillos de lura
- Trastévere: filloa mixta.
Demostracións de artesanía
A gran novidade do concurso de tapas deste ano serán as exhibicións do Centro de Artesanía Tradicional que terán lugar o sábado 19 na praza da Pedra e o sábado 26 na praza da Constitución. Na primeira das citas, os asistentes poderán contemplar demostracións a cargo dun cesteiro, un ferreiro, un canteiro e unha tecelá. Na segunda poderase observar o traballo dun cesteiro, un redeiro, un selleiro e un oleiro.
Descargar todas as imaxes