Escoitar

Alcampo contratará cando menos a dez alumnos dun curso de formación promovido polo Concello

Vinte persoas desempregadas participarán desde hoxe xoves ata o 9 de xuño nun curso de azafato/a de gran superficie que se desenvolverá na empresa Alcampo, dentro do "Programa de formación en empresas con compromiso de contratación" do Plan Municipal de Emprego 2004-2007.

xoves, 3 mai 2007
1178195648formacion030507.jpg
Para o deseño deste curso tivéronse en conta os intereses formativos manifestados polas persoas usuarias do Servizo de Orientación Laboral do Concello e as necesidades detectadas no mercado de traballo.

Os 20 alumnos do curso seleccionáronse entre as persoas entrevistadas polo Servizo de Orientación Laboral que tivesen realizado cursos de formación ocupacional. Alcampo asume a contratación do 50% do alumnado que remate satisfactoriamente o curso por un período non inferior a tres meses.

O orzamento deste curso é de case 3.000 euros, e nel inclúense todos os gastos desta acción formativa, como son o persoal docente, o material e o seguro do alumnado.

A formación ocupacional con este tipo de actuacións realízase nun ámbito produtivo real, que é a empresa, onde os alumnos poden observar e desempeñar as actividades e funcións propias dos distintos postos de traballo, coñecer as relacións laborais e a organización dos procesos produtivos.

A concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Lucía Molares, asinou hoxe xoves o convenio que materializa a colaboración con Alcampo para a realización deste curso.
Descargar todas as imaxes