Escoitar

"Emprázate" en Princesa

A Praza da Princesa converterase, o sábado 5 de maio, nun gran esceario circense con actividades dirixidas a todos os públicos. O espectáculo, patrocinado pola Concellería de Xuventude de Vigo, comezará ás 17:00h. coa realización de obradoiros de zancos, maxia, bolas e diábolos. Ás 20:00h. iniciarase o gran cabaret circense, onde actuarán varios artistas de diferentes especialidades do novo circo.

venres, 4 mai 2007
1178278033emprazate.jpg
Esta actividade terá lugar dentro do programa de animación de rúa da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo que, baixo o nome de "Emprázate", estará presente en varias rúas e prazas da cidade durante o mes de maio.

Emprázate contará con diferentes actividades que pretenden, ademais de divertir e dinamizar as nosas prazas e rúas, achegar ao público vigués a novas alternativas de ocio coma a arte do novo circo, a través de espectáculos aos que normalmente non se ten acceso, e fomentar a participación interxeneracional nos espazos públicos da cidade.

Para o desenvolvemento deste proxecto, a Concellería de Xuventude conta coa colaboración da Asociación de Malabares e Artes Circenses Malandraxe, entidade formada por un número importante de mozos e mozas da cidade relacionados co mundo do espectáculo, sobre todo no eido dos malabares, o circo, a maxia, animación de rúas, etc.

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Tfno. 986 294 806
Descargar todas as imaxes